JENENÉ
Proxección: 11 NOV
Dobre sesión
16:30 - 17:30 hs. Filmoteca de Galicia
21:00 - 22:00 hs. Fundación Luis Seoane
Jenené é un retrato do Alto Chagres, río situado no Parque Nacional Chagres, na provincia de Panamá. Nesta rexión superpóñense grandes desafíos ambientais, peticións identitarias e intereses económicos.
Este territorio único ten a particularidade de reunir no mesmo espazo á Canle de Panamá –ferramenta chave do comercio global–, comunidades estreitamente vinculadas ao seu río e unha das concas máis importantes para a produción de auga: a do río Chagres. Existe unha relación triangular: Río-Ribeiregos-Desenvolvemento.
Cada movemento ou cambio nunha das partes tamén afecta as outras dúas. Aínda que a presenza extractivista case non se percibe a primeira vista, este corpo de auga atópase dentro dun ecosistema intervido. Nas comunidades, o río Chagres percíbese como un elemento esencial co que se convive espiritual e cotidianamente.
Jenené convídanos a achegarnos á paisaxe e a revaluar a nosa relación coa auga. Este proxecto é o resultado de cinco anos de colaboración entre a autora e a comunidade Drua. Jenené é un testemuño estético e cultural e político sobre a grandeza do río Chagres e sobre os seus ribeiregos. Pouco despois da publicación deste fotolibro, empezouse a sentir a maior seca que o río Chagres coñecese e a Canle está a enfrontar unha crise por falta de auga que non se esperaba tan pronto.
Enea Lebrún (París, 1988) é unha otógrafa francesa radicada en Panamá. Traballa sobre temas de identidade, dereitos, cultura e historia de comunidades latinoamericanas. O seu proxecto Jenené formou parte da programación de Les Rencontres d’Arles 2022.
Coa colaboración de Diana Vilera e a plataforma PARAVERTEMEJOR
María Meseguer Alcain (Madrid, 1966) estuda no International Center of Photography (ICP) de Nova York con profesores como Mary Ellen Mark e Nan Goldin. Xa en España realiza talleres con Eduardo Momeñe, Alberto García Alix, Alberto Schommer, Larry Towell ou Ferdinando Scianna entre outros. Fotógrafa con máis de trinta anos de experiencia traballou para a Residencia de Estudantes de Madrid, ARCO, Fundación Luis Seoane, MAC (Museo Gas Natural Fenosa), Fundación Paideia Galiza, Expocoruña, Concello da Coruña, Hospital Universitario da Coruña, Porto da Coruña, Centro Sociocultural ÁGORA, Museo Gaiás e a Mostra de Cinema Periférico (S8) desde o ano 2011.
