Programación
Exposicións
Na súa quinta edición, FFOCO promoveu de novo a cultura galega a través da fotografía contemporánea, atendendo á súa presentación por diferentes medios: impresión, vídeo ou instalación. O programa expositivo constou de diferentes proxectos que dialogaron entre si, ampliando as súas propias narrativas.
Proxeccións
Por outra banda, e como plataforma de visibilidade para fotógrafas e fotógrafos no seu achegamento a novos públicos, FFOCO presentou un ano máis o seu xa mítico programa de proxeccións. Unha xanela de visibilidade e un lugar de encontro para autores con traballos de recente creación.
Actividades
O festival impulsou a súa vertente profesional, divulgativa e pedagóxica e fomentou a participación da comunidade de fotógrafos galegos a través dun completo programa de actividades. Entre outras, este ano retomamos a nosa tradicional FFeira Editorial, que tanto botamos de menos na edición pasada.