Skip to content
ECLIPSE

Anxo Santiago

Proxección: 11 NOV

Dobre sesión

16:30 - 17:30 hs. Filmoteca de Galicia
21:00 - 22:00 hs. Fundación Luis Seoane
“A máis nobre aspiración espiritual consiste en adquirir plena conciencia da nosa vida no universo” (Josep Comás i Solá).

En 1929 publícase en Barcelona El Cielo, escrito por Josep Comás i Solá, obra clave de astronomía ilustrada que durante anos serviu de guía para moitos afeccionados á observación dos astros.

En 2011 Anxo Santiago trasládase a vivir á mesma rúa onde se atopa Vila Urania, casa na que durante anos viviu Josep Comás e dende onde descubriu diversos planetas como o Hispania.

Eclipse nace da admiración do autor pola figura do astrónomo e a tristeza de non poder ver ese universo que se describe na súa obra El Cielo. Este punto de partida lévalle a realizar unha viaxe en procura dese ceo estrelado, que aínda estando aí, non pode ver, debido en gran parte á gran contaminación lumínica das nosas cidades e arredores. Algo moi diferente do que podía observar Comás desde o seu pequeno observatorio no terrado de Vila Urania.

Eclipse é un proxecto baseado na intervención do libro orixinal El Cielo, onde Santiago traballou tanto coa superposición das súas imaxes sobre as ilustracións do libro, como coa edición de textos seleccionados en cada unha das páxinas. Deste xeito, no que se xoga con textos e imaxes, nace ese punto de encontro entre dous mundos, tan lonxe e tan preto ao mesmo tempo.

O interese pola fotografía de Anxo Santiago (Pontevedra, 1978) comeza desde moi novo, sendo a súa formación maioritariamente autodidacta. Santiago emprega a fotografía como medio para comprender mellor o mundo que lle rodea. Interésanlle temas como o paso do tempo e ,sobre todo, a relación actual do individuo coa natureza. Aínda que realizou diversos cursos e talleres, non é ata 2018 cando desenvolve o seu primeiro proxecto fotográfico Eclipse, durante o curso anual de Fotografía Documental de Autor el El Observatorio (Barcelona). Devandito traballo foi exposto en 2021, na segunda edición do Luminic Festival (Sant Cugat).

Anxo Santiago

María Meseguer Alcain (Madrid, 1966) estuda no International Center of Photography (ICP) de Nova York con profesores como Mary Ellen Mark e Nan Goldin. Xa en España realiza talleres con Eduardo Momeñe, Alberto García Alix, Alberto Schommer, Larry Towell ou Ferdinando Scianna entre outros. Fotógrafa con máis de trinta anos de experiencia traballou para a Residencia de Estudantes de Madrid, ARCO, Fundación Luis Seoane, MAC (Museo Gas Natural Fenosa), Fundación Paideia Galiza, Expocoruña, Concello da Coruña, Hospital Universitario da Coruña, Porto da Coruña, Centro Sociocultural ÁGORA, Museo Gaiás e a Mostra de Cinema Periférico (S8) desde o ano 2011.

Programa 2023

Jon Cazenave. Ama Lur, Galerna La Trope

ama lur

Jon Cazenave

Unha viaxe a Marte

Colectiva

Memorias do ceo

Tono Mejuto

ás aforas dunha cidade estranxeira

María Meseguer

streetviewcompostela

Sara Giunta

adeus

Vicente Fraga

mariña

Hoodoolab Team

el gran sol

Rita G. Rivera

till

Lemos + Lehmann

bird song

Fran Rodríguez Casal

eclipse

Anxo Santiago

Jenené

Enea Lebrun

Naturaleza Muerta

Isabela Muci

As praceiras fan a praza

Tania Vila

ffeira editorial

As lindes dos tempos

Laura Alonso Carracedo e Pep Páramos

Obradoiro familiar: apropiación e colaxe

La Chapera

Proxeccións: Dobre sesión

María Meseguer. As aforas dunha cidade extranxeira. Sombras en pico Chantada, Lugo, 2023

visita guiada

María Meseguer

PRESENTACIÓN: ÁNIMA

Ruth Montiel Arias + Alauda Negra

Diálogos de cine: Conversa con Vicente Vázquez

Diálogos de cine: Conversa con Vicente Vázquez

PRESENTACIÓN: ORIXE OU CANDO A MAREA BAIXA

Ana Paes + Fabulatorio
Unha caña con... Actividade, FFoco Festival

Aperitivo fotográfico