
El Barrio
Isra Cubillo
“Sentimentos enfrontados ao regresar a un barrio do que, en canto puiden, marcheime.
Ás veces as cousas van a peor ou quedan igual. Un barrio tranquilo, un lugar onde nada parecía ter lugar.
Agora, moitos anos despois, tento velo con outros ollos tendo aqueles, recordos de rapaz.
É como moitos dos meus traballos, algo aberto.
Como a película, «En Construción».
Aquí sigo, vendo barcos e trens.
Imaxinando posibles viaxes.
De momento”.
Isra Cubillo
Fundación Luis Seoane
SALA PROXECCIÓNS PLANTA BAIXA
5NOV-12DEC 21
Isra Cubillo (A Coruña, 1973) é un fotógrafo autodidacta, que participou en obradoiros e seminarios con artistas como Bernard Plossu, Alberto García-Alix, Vari Caramés, Ricky Dávila, Laura González, Carlos Cánovas ou Jose Manuel Castro Prieto. No 2005 foi nominado para a beca de fotografía da Fundación Santa María de Albarracín; no 2011 participou en Descubrimientos PHotoEspaña e un ano despois no visionado de portafolios Novos PHE. Ademais, foi finalista ao Premio Luis Ksado 2014.
O seu traballo protagonizou diferentes exposicións individuais e colectivas, entre as que salienta «Un cierto panorama. Reciente fotografía de autor en España», comisariada por Jesús Micó, incluida na sección oficial de PHotoEspaña 2017 e que está a itinerar por diferentes cidades europeas e latinoamericanas.