A vida é marabillosa, sen ela estarías morto

Bandia Ribeira

Exposición: 31 OUT - 22 DEC
Apertura: xoves 31 OUT | 19:30 hs
Fundación Luis Seoane

Os síntomas do noso tempo son únicos. Retratando o espazo público e os seus habitantes, os rituais contemporáneos parecen reflectir simbólicamente aspectos da nosa cultura na súa diversidade e conflicto. O Sur de Gales foi a cuna da Revolución Industrial e tamén é hoxe unha das rexións á vangarda en experimentar os efectos dun mundo postmoderno e post-industrial.

O sur de Gales é a área máis poboada do suroeste do Reino Unido. No pasado un dos máis importantes exportadores de carbón e aceiro do mundo, o sur de Gales contemporáneo lidia coas consecuencias da transición dunha economía productiva a outra baseada nos servizos e as finanzas, proceso que comeza nos anos 80 co goberno de Margaret Thatcher, que desmantela as minas de carbón e introduce as bases dunha nova economía. Estes cambios, establecidos tras a derrota da folga dos mineiros, afectaron severamente ás clases traballadoras, aumentando o desemprego e provocando o subsecuente empobrecemento de amplos sectores da sociedade.

Colabora:

Bandia Ribeira

Bandia Ribeira (As Pontes de García Rodríguez, 1980) é fotógrafa documental asentada en Almería. Ten unha licenciatura en Ciencias Políticas e está graduada en Fotografía Documental pola Universidade de South Wales, Newport. Participou en diversas exposicións e festivais de fotografía en Portugal, Reino Unido e España.

O seu traballo recibiu recoñecementos como o XII Premio de Creación Fotográfica Luis Ksado (2015), o Premio Reginald Salisbury Travel ou un dos premios Ciutat de Barcelona (2012), entre outros. O seu libro autoeditado sobre a cidade de Newport, La vida es genial, sin ella estarías muerto (2014), foi finalista do premio Bar Tur Photo Book en 2015.