“Verde” reflexiona de forma crítica sobre o inverno demográfico galego, tomando a provincia de Ourense como paradigma da despoboación rural, un fenómeno que afecta non só a Galicia e España, senon a todo o conxunto da UE.
Das ‘dúas Galicias’ -a do eixo atlántico e a oriental- o proxecto reflexiona sobre a segunda, que sofre a traxedia do abandono e a soidade de forma máis pronunciada. O éxodo rural -proceso global e en aumento- é abordado cunha perspectiva entre documental e autoral, hacia unha representación suxerente e persoal do fenómeno.
Verde é a cor da vida, da positividade, da armonía, da estabilidade e da serenidade; verde é a cor da esperanza. Verde é a cor que se adonará totalmente do interior galego en pouco tempo, transformándoo en selva. Verde tamén é a cor da vida vexetal, do san e fresco, verde é simbolo de mocidade e fertilidade. Galicia toda é verde.
Verde eiquí, nembargantes, é máis ben sinónimo de morte, tristeza, soedade, abandono, pérdida, vacío. Esperanza entón? Pouca, case ningunha. Unha representación crúa – quizáis poética – dun fenómeno realmente dramático.