Skip to content
TILL

Lemos + Lehmann

Proxección: 11 NOV

Dobre sesión

16:30 - 17:30 hs. Filmoteca de Galicia
21:00 - 22:00 hs. Fundación Luis Seoane
TILL é a preposición de tempo «ata» ou «ata que» en inglés e, á súa vez, denomina un tipo de sedimento de orixe glaciar que aparece tras os movementos de arrastre. A serie fotográfica que presenta o dúo Lemos+Lehmann baixo este nome desenvólvese en paisaxes boreais e convida ao espectador a transitar un espazo que se desvanece, a contemplar unha pegada, un pouso.

TILL fálanos dun desxeo físico e emocional.

Pat Lemos (Galicia) e Lukas Lehmann (Alemaña) son artistas visuais licenciados en Belas Artes; creadores e membros do dúo artístico Lemos + Lehmann, que actualmente reside en Islandia. A súa práctica xira ao redor da natureza e a súa intrínseca relación visual e emocional coa existencia. Achegándose á súa contorna a través da práctica do camiñar, a deriva e a atenta observación, os artistas capturan e expoñen o espazo liminal entre a beleza, a fascinación, a impermanencia e a incerteza. Utilizando a fotografía analóxica como ferramenta principal e poñéndoa en diálogo co son, a escultura e a instalación, o dúo difumina as fronteiras disciplinarias co obxectivo de explorar novos campos de percepción, contemplación e emoción.

A mirada de Lemos + Lehmann é crúa pero recuberta de sutilezas, movéndose formalmente do figurativo á abstracción e conceptualmente do natural ao místico, e o sobrenatural. É no espazo expositivo onde o proceso creativo chega ao seu fin e a obra transfórmase, unha especie de rito de paso no que cada fase anterior cobra sentido. Ao convidar o público á contemplación e á presenza consciente, os artistas propoñen unha experiencia completa e sensorial, unha viaxe que, sostido no tempo, alberga algo profundamente espiritual. Algo que permanece.

Lemos + Lehmann

Programa 2023

Jon Cazenave. Ama Lur, Galerna La Trope

ama lur

Jon Cazenave

Unha viaxe a Marte

Colectiva

Memorias do ceo

Tono Mejuto

ás aforas dunha cidade estranxeira

María Meseguer

streetviewcompostela

Sara Giunta

adeus

Vicente Fraga

mariña

Hoodoolab Team

el gran sol

Rita G. Rivera

till

Lemos + Lehmann

bird song

Fran Rodríguez Casal

eclipse

Anxo Santiago

Jenené

Enea Lebrun

Naturaleza Muerta

Isabela Muci

As praceiras fan a praza

Tania Vila

ffeira editorial

As lindes dos tempos

Laura Alonso Carracedo e Pep Páramos

Obradoiro familiar: apropiación e colaxe

La Chapera

Proxeccións: Dobre sesión

María Meseguer. As aforas dunha cidade extranxeira. Sombras en pico Chantada, Lugo, 2023

visita guiada

María Meseguer

PRESENTACIÓN: ÁNIMA

Ruth Montiel Arias + Alauda Negra

Diálogos de cine: Conversa con Vicente Vázquez

Diálogos de cine: Conversa con Vicente Vázquez

PRESENTACIÓN: ORIXE OU CANDO A MAREA BAIXA

Ana Paes + Fabulatorio
Unha caña con... Actividade, FFoco Festival

Aperitivo fotográfico