O proxecto de streetviewcompostela nace influenciado, por unha banda, pola obra dixital de artistas coma Jon Rafman ou Michael Wolf, que cuestiona a autoría da propia obra ao reapropiarse de imaxes capturadas pola empresa Google e, pola outra, polo desexo da autora de explorar os espazos limítrofes das cidades galegas (tomando como referencia a súa capital), onde se encontran o ámbito urbán e rural. A selección para esta peza, unhas vinte fotografías, escollidas de entre máis de cen, pretende reflexar precisamente iso.
Sara Giunta, estudante de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela, é a persoa detrás da conta de Instagram @streetviewcompostela, na que ofrece imaxes da cidade capturadas pola empresa Google.