19:00 H
Solo la lucha paga é a nova incoporpación á colección Papeis, un traballo realizado polo artista Joan Morera Arbones (Vigo, 1984) con novas imaxes vinculadas ao proxecto orixinal La Chambra (2017-2024) unha inxente investigación sobre a emigración femenina española que traballou en Francia como empregadas do fogar nos anos sesenta e setenta.
Neste novo papel anímase unha relectura visual do libro Moi, la bonne a través do archivo familiar do propio autor. Este libro, crucial na investigación do artista, é unha autobiografía da activista, política e emigrante María Arrond; unha figura clave para entender a emigración femenina española dos anos sesenta no país galo. Solo la lucha paga é o resultado dun intenso intercambio entre autor e editor durante o último ano e medio, empregando diferentes soportes, imaxes herdadas e formatos situados no imaxinario visual deste colectivo de mulleres vinculado á emigración.
Todo este corpo de imaxes despregadas neste afiche en blanco e negro apela ao espectador a un espacio dialóxico entre dúas publicacións: aquela que publicou María Arrond e esta publicación de Joan Morera. Unha relación que xurde dende diferentes códigos e circuítos pero que atende sempre ás premisas de aquel primeiro achegamento de Joan Morera á densidade política e histórica de Moi, la bonne e tamén, como non, á inédita realidade que aquel libro desvelou.
