Skip to content
Socialismo
07 NOV | 13:00 H
Restory Books
Xa está aquí, Socialismo: catro volumes nun. 16 páxinas cada un. Impresión giclée con tintas pigmentadas (ao tolo), carísima, e cosido á man por @amaya_roldan. Con funda de cartolina estampada, chapas e autocolantes de agasallo. Só 25 exemplares asinados e numerados. Sen ISBN nin depósito legal. Nunca máis o darás atopado…

Fine Art para un proxecto que fala de como dende que as redes sociais irromperon nas nosas vidas, a fotografía deixou de ser testemuño para se volver presenza constante. Todas e todos somos autores, modelos, escolmadores e espectadores dun mesmo arquivo colectivo que se multiplica sen acougo.

Neste novo paradigma de explotación, abuso e autoabuso, a imaxe xa non lle pertence a quen a toma, senón a quen a comparte, comenta, imita ou lle tira rendemento económico… A estética sométese ao algoritmo e a procura de «autenticidade» suplanta a opinión. O xugo totalitario do móbil asoballa con maior saña as figuras máis sobranceiras deste novo socialismo. Influencers, responsables de redes sociais e creadores de contidos reciben azoutes e son fusilados a diario por un sistema voraz que avanza cara á implosión. Son eles os capos que tornaron nun inferno a utopía libertaria que un día foi internet.

Colabora: Restory Books

Programa actividades

Socialismo

Mark Zlick

Encontro fotográfico

FFeira editorial

Nacho Alonso. Proxección Solar. FFoco Festival

El mono de los mil días

Nacho Alonso + Ignacio Pérez Jofre

Solo la lucha paga

Joan Morera Arbones + Alauda Negra

Os días que foron

Jesús García + Fabulatorio