
sentinel
Alva Martín
Proxección: sábado 2 NOV | 11:30 hs
Filmoteca de Galicia
Na era da hiperconectividad, os teléfonos móbiles convertéronse en testemuñas silenciosas da nosa intimidade. Mentres gozamos dunha conectividade sen precedentes, sometémonos a unha vixilancia constante.
En 2013, Alva Martín inicia o proxecto sentinel, programando o seu teléfono para capturar unha imaxe cada vez que mira a pantalla. Unha década despois, decenas de miles de fotografías revelan fragmentos de privacidade voluntariamente cedida.
sentinel desafíanos a reconsiderar a nosa relación coa tecnoloxía e cuestiona como normalizamos a vixilancia. A obra convida o espectador a contemplar estas imaxes non só como un arquivo documental e persoal, senón como un reflexo colectivo de nosa propia complicidade nesta vixilancia consentida, urxindo unha reflexión profunda sobre as implicacións da nosa vida dixital.