Revolución Inconclusa

Adolfo Mesías

Proxección: sábado 2 NOV | 11:30 hs
Filmoteca de Galicia
A Revolución Inconclusa é unha testemuña fotográfica que rexistra intensamente o turbulento período de estalido social que comeza un 18 de outubro do ano 2019 e culmina cun dilatado e desgastado proceso constituínte no ano 2023.

Neste rexistro-exercicio-ensaio o autor non busca só lembrar, senón tamén resistir e reconstruír activamente a memoria dun país marcado por abxeccións, violacións aos dereitos humanos e unha desconcertante e histórica amnesia colectiva.

Por medio da incorporación de material audiovisual, amplíase a mirada e expanden os sentidos para nutrir ao espectador(a) con capas de interpretación, localizándoo e transportándoo ao emocionante e vibrante primeiro paso dun cambio sociopolítico que, sen buscalo, pretendeu ser pioneiro a nivel mundial en reivindicacións políticas, sociais e ambientais pero que despois de deambular pola traxedia acabou na farsa.

En cada edición, FFoco intenta abrir unha xanela en Galicia para mollar a mellor e máis recente creación fotográfico latinoamericana.

Adolfo Mesías