Retaguardia é un proxecto que retrata a mocidade post-pandemia inmersa nas subculturas underground das grandes cidades. Mozos que abrazan os sons e estéticas de décadas pasadas e establecen unha conexión coas xeraciones que formaron parte destas escenas.
O traballo de Jesús Umbría recolle dous tempos: por unha banda, o vivido polo propio autor fai tres décadas e, por outro, o momento actual no que cohabita con mozos que volven a reivindicar a estética e revivir os dilemas desas minorías. Mediante a creación de imaxes orixinais e o uso do retrato, reflexiónase sobre a identidade, a necesidade de pertenza e a transversalidade social. O obxectivo é capturar a esencia desta comunidade e o resultado un proxecto onde a diversidade florece con forza.