Skip to content
Radical / Papel

Alauda Negra

Alauda Negra é un proxecto editorial creado e dirixido por Xosé Lois Gutiérrez Faílde en 2019. Está enfocado no impulso de pequenas creacións visuais baseadas na relación entre texto e fotografía. Foi concebido para difundir e visibilizar toda unha serie de propostas que, pola súa escala ou intención, teñen como soporte ideal a edición en papel a modo de brochura ou fotozine. O obxectivo deste selo editorial é publicar traballos de tirada limitada pero fortemente comprometidos coa coherencia no seu deseño editorial e na súa definición estética.

Alauda Negra atende tamén á imposibilidade de fixar uns límites no proceso de creación de calqueira traballo artístico. Ben sexan como hipóteses, apuntamentos ou maquetas ou como subproductos ou derivacións doutros proxectos maiores, todos os proxectos que se publican en Alauda Negra non atenden á definición de peza pechada, senón que funcionan como chaves subalternas que poden articular ou xenerar outras fórmulas de diferente alcance.

Radical / Papel é a proposta de Alauda Negra para a cuarta edición de FFOCO. Con ela preténdese despregar, coa exposición como medio, as consignas e modos de traballo que lle dan identidade aos proxectos deste selo editorial galego. Ao tratar a parede como unha páxina sen rexistro, as imaxes desta acumúlanse e densifícanse como un palimpsesto que acaba revelando o conxunto de decisións, tentativas ou renuncias que constitúe e afirma a formalización de cada unha das publicacións que ata o momento configuran o catálogo de Alauda Negra e que ten como primeiros autores a Xosé Lois Gutiérrez Faílde, Rosendo Cid, Iván Nespereira e Misha Bies Golas.

Alauda Negra

Programa 2020

Andaina fotográfica

Asociación Seven Concepts Photowalk

Conversa inaugural

Conversa con Xosé Castro e Óscar París

As imaxes morden

Proxección documental + Conversa con Paolo Gasparini

La barra. 2009 – 2017

Isra Cubillo

Todo vai ir ben

Colectiva

5:45 A.M.

Simone Maestra

KARAKASKUARTAYKINTA | Andata e ritorno

Paolo Gasparini

O piano pola xanela

Xosé Castro | Óscar París

Obradoiro Fotolibro

Diana Vilera
La Cueva Casa Editorial. Actividades FFoco Festival

FFeira editorial

Monte Alto

Jesús Caballero Varela

Ser un cuerpo

Deebo Barreiro

Alerta en el Orzán

[vc_row][vc_column][vc_column_text] Proxeccións [/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row el_class=»ff-content-evento»][vc_column width=»1/2″][vc_column_text] Alerta en el Orzán José Luis Ducid Ilustraciones y gráfica: Álvaro Dorda | Inés Taboada Vizcaíno | Julia Natalia Ducid | David Carballal A primeira

Imaxe Covid

Óscar Corral | Mónica Ferreirós | Agostiño Iglesias | Brais Lorenzo Couto | Miguel Muñiz | Miguel Riopa

Radical / Papel

Xosé Lois Gutiérrez Faílde | Rosendo Cid | Iván Nespereira | Misha Bies Golas

O Novo Normal: A Coruña

Javier Quiroga

Bloop

María Moldes