As praceiras fan a praza
Apertura exposición: 11 NOV
14:00 hs
A Parva Mercado de San Agustín
A Parva, a cantina do Mercado de San Agustín, colabora un ano máis con FFoco e impulsa a exposición As praceiras fan a praza, con fotografías de Tania Vila, que documenta o espertar do recinto, a súa actividade, o seu peche e valoriza as súas protagonistas, maioritariamente mulleres, que alí traballan. As imaxes, tomadas cunha cámara analóxica de hai 50 anos, ensinan o que non está exposto na praza, o que a clientela non ve normalmente, o labor que fai posible a venda do produto máis fresco a diario.
María Meseguer Alcain (Madrid, 1966) estuda no International Center of Photography (ICP) de Nova York con profesores como Mary Ellen Mark e Nan Goldin. Xa en España realiza talleres con Eduardo Momeñe, Alberto García Alix, Alberto Schommer, Larry Towell ou Ferdinando Scianna entre outros. Fotógrafa con máis de trinta anos de experiencia traballou para a Residencia de Estudantes de Madrid, ARCO, Fundación Luis Seoane, MAC (Museo Gas Natural Fenosa), Fundación Paideia Galiza, Expocoruña, Concello da Coruña, Hospital Universitario da Coruña, Porto da Coruña, Centro Sociocultural ÁGORA, Museo Gaiás e a Mostra de Cinema Periférico (S8) desde o ano 2011.
