Skip to content
Ollo

Colectivo fotográfico multidisciplinar

5NOV

Fundación Luis Seoane
Salón de actos | 19.00 - 20.00 hs

Ollo é un colectivo fotográfico multidisciplinar, nado neste ano, que traballa na creación, divulgación e difusión de historias relevantes para a sociedade a través da linguaxe da imaxe e da narrativa audiovisual.

As figuras vinculadas ao fotoxornalismo que integran Ollo son Vanessa Casteleiro, Óscar Corral, Agostiño Iglesias, Brais Lorenzo, Óscar Pinal, Adra Pallón e Paula Quiroga. Completan o equipo Sara García e Daniel Lázare no referente ao apartado de xestión cultural e Sabela Eiriz colabora nas tarefas de edición e curadoría.

O fin principal do colectivo é xerar reflexión na poboación ante as diversas problemáticas sociais e mediambientais ás que se enfronta a actual sociedade. Para acadar este fin unímonos persoas pertencentes a diversos eidos tales como o fotoxornalismo, o documentalismo gráfico e videográfico e a xestión cultural. O proxecto colaborativo apóiase na creación de proxectos culturais, na oferta formativa e no desenvolvemento de proxectos editoriais e comerciais.

Neste intre atópase iniciando a súa andaina en redes tomando como preámbulo do seu lanzamento a colaboración coa revista 5W a través do proxecto Lumes, un traballo fotográfico en progreso de máis de quince anos de imaxes e experiencias arredor dunha problemática ben coñecida pola sociedade galega: o desastre ambiental e social provocado polos incendios que asolagan o noso territorio ano tras ano.

En FFoco, o colectivo Ollo proxectará unha mostra do seu traballo e dará conta dos catro eidos nos que se moven: cultural, formativo, comercial e editorial.

Colectivo fotográfico multidisciplinar

Programa 2022

O Desengano

Julián Barón

Zona de sacrificio

Catara Rego

Lousas

Beatriz García

Antela. Cadernos da Limia

Blas González

Ardo, ardemos

Rosa Veiga

Raza

Tono Arias

Autoconstrucción

Laure Mojo

Donde los perros no ladran

Marius Scarlat

Grandes Éxitos

Bernardo Villanueva F.

Letreros que se ven

El Grupo

El Registro Inagotable: El Estudio

Tito Caula

San Agustín conta

Cristina Caamaño e Andrea Gestal

FFeira Editorial

La Île de Suquet

Papel de Calzoncillo

O Desengano de Alauda Negra

Julián Barón e Xosé Lois Gutiérrez Faílde

Ensayo sobre la noche

Ignacio Pérez-Jofre e Juan Gallego, con Nacho Alonso

Exercicis per imaginar un volcà

Lara Amat e Jordi Oms

Ollo

Colectivo fotográfico multidisciplinar

Xeración Perdida – Imaxe sen distancia

Adra Pallón e Paula Quiroga
Unha caña con... Actividade, FFoco Festival

Parva

Aperitivo fotográfico

Noite de proxeccións