Skip to content
Obradoiro exprés de 'collage' fotográfico

Vanesa Abelairas

Sábado 25 OUT

12:00 - 17:00 H

Mercado de San Agustín | A Parva (Posto 2P) | Praza de San Agustín, 1

Este obradoiro exprés propón unha experiencia creativa aberta a todo o público, na que cada participante pode elaborar a súa propia chapa a partir de imaxes de antigas revistas ilustradas.

O obxectivo é xogar coa composición e co collage para crear unha nova imaxe a partir de materiais xa existentes, fomentando a creatividade e a experimentación visual. A actividade está pensada para que calquera persoa, sen importar a súa experiencia previa, poida participar en poucos minutos e levar consigo unha peza única elaborada por ela mesma. É unha proposta tanto para nenas e nenos como para persoas adultas, que mesmo poden divertirse e crear en conxunto.

Actividade continua, aberta durante toda a xornada. Cada ‘mini-obradoiro’ ten unha duración aproximada de 15 minutos por persoa. Non é necesaria inscrición previa: quen queira pode achegarse ao espazo do taller e informarse e inscribirse ao momento.

Vanesa Abelairas

Vanesa Abelairas é unha creadora galega especializada na deseño e fabricación artesanal de chapas feitas a man, a través do seu proxecto persoal «La Chapera», creado en 2019.

O seu proceso creativo combina ilustración, collage manual e dixital, xogando co humor, a ironía e a linguaxe visual para transmitir mensaxes distintas.

Ademais da artesanía, nas súas pezas aborda cuestións sociais e culturais, como o feminismo ou o vínculo con Galicia, usando as súas obras como medio de expresión e reivindicación.

Programa Actividades 2025