Skip to content
O Desengano

Julián Barón

4NOV–11DEC

Fundación Luis Seoane
Sala de exposicións planta baixa

OUTRAS ACCIÓNS

29OCT 12.00hs >> Acción praia de Ézaro

18.00hs >> Presentación do proxecto na Casa da Cultura de Corcubión

30OCT 10.00 - 16.00hs >> Acción Cabo Roncudo, Corme

01NOV 12.00hs >> Acción praia de Riazor

04NOV 19.30hs >>Inauguración Oficial de FFoco e O Desengano

05NOV 10.00hs >> Prestige: Unidad Didáctica. Actividade formativa organizada pola Fundación Luis Seoane

17.00hs >> O Desengano de Alauda Negra. Presentación da publicación

O Desengano é un proxecto visual baseado nunha serie de actividades expositivas e editoriais ao redor do traballo que o fotógrafo Julián Barón realizou sobre o desastre do Prestige en decembro de 2002. Xunto á exposición, comisariada por Xosé Lois Gutiérrez Faílde e composta dunha serie de 28 cruces con fotografías de Julián Barón, inclúese un documental dirixido por Manuel Vargas, así como un fondo de fotolibros, catálogos e material impreso diverso para a súa consulta.

Nos primeiros días do mes de novembro de 2002, o buque petroleiro Prestige afundíase tras sufrir unha vía de auga a uns 250 quilómetros da Costa da Morte, provocando un dos maiores desastres medioambientais da historia de Europa, un acontecemento que tivo un enorme impacto político, económico, cultural e social. Os milleiros de voluntarios e a presión do movemento Nunca Máis minimizaron os danos da vertedura sobre unhas costas cuxos recursos eran e seguen sendo vitais para a poboación da zona.

En O Desengano, Julián Barón recolle aquel episodio, un proxecto que, xunto a outros traballos como La herencia de Chernobyl (2001) ou Una nueva vida: rumanos en España (2002-2003) supuxo unha das primeiras tentativas do fotógrafo na definición do seu discurso. Estas imaxes en branco e negro, de carácter documental, formaron parte dun proceso de descubrimento do medio fotográfico. O discurso artístico de Julián Barón experimentou dende entón diversas mutacións, servíndose en cada unha das súas diferentes etapas de novas ferramentas, métodos e estratexias. Cada nova experimentación visual provocou un “desengano” con respecto a traballos previos, unha renuncia que impulsaba a creatividade do autor a través da busca estética e do compromiso cunha idea aberta e complexa da obra artística, materializándose alén dos seus límites lingüísticos.

O Desengano é o testemuño da paixón inicial pola imaxe, e ao mesmo tempo unha revisión sen xenealoxía ou nostalxia, formada por fragmentos dunha creatividade cuxa capacidade para xerar novos argumentos nace da transgresión dos elementos anteriores. Deste xeito, Barón reconstrúe e redefine a posición cara as imaxes, que sitúan e reconfiguran a nosa memoria do acontemento e de certo imaxinario atesourado desde entón ao redor do próprio desastre do Prestige.

Curador: Xosé Lois Gutiérrez Faílde
Peza audiovisual: Manuel Vargas

Julián Barón

Programa 2022

O Desengano

Julián Barón

Zona de sacrificio

Catara Rego

Lousas

Beatriz García

Antela. Cadernos da Limia

Blas González

Ardo, ardemos

Rosa Veiga

Raza

Tono Arias

Autoconstrucción

Laure Mojo

Donde los perros no ladran

Marius Scarlat

Grandes Éxitos

Bernardo Villanueva F.

Letreros que se ven

El Grupo

El Registro Inagotable: El Estudio

Tito Caula

San Agustín conta

Cristina Caamaño e Andrea Gestal

FFeira Editorial

La Île de Suquet

Papel de Calzoncillo

O Desengano de Alauda Negra

Julián Barón e Xosé Lois Gutiérrez Faílde

Ensayo sobre la noche

Ignacio Pérez-Jofre e Juan Gallego, con Nacho Alonso

Exercicis per imaginar un volcà

Lara Amat e Jordi Oms

Ollo

Colectivo fotográfico multidisciplinar

Xeración Perdida – Imaxe sen distancia

Adra Pallón e Paula Quiroga
Unha caña con... Actividade, FFoco Festival

Parva

Aperitivo fotográfico

Noite de proxeccións