NATURALEZA MUERTA
Proxección: 11 NOV
Dobre sesión
16:30 - 17:30 hs. Filmoteca de Galicia
21:00 - 22:00 hs. Fundación Luis Seoane
Naturaleza Muerta cuestiona a apropiación e a representación que se fai -en moitas ocasións cun uso perverso- da fauna salvaxe e de certas especies animais en extinción hoxe en día. A nosa sociedade contemporánea produce unha infinidade de obxectos que recrean a Natureza prometendo, -a cambio do seu consumo-, unha idea equivocada sobre o seu respecto e protección, cando en realidade, esa produción masiva de residuos xera un gran impacto negativo sobre o medio ambiente.
O proxecto funciona como un rexistro masivo deste tipo de imaxes domesticadas e irreais, de cartón pedra ou plástico, que traspasan os límites da Natureza real, para propoñer unha reflexión crítica sobre a nosa sociedade de consumo e sobre a nosa falta de respecto á contorna que nos rodea.
Coa colaboración de Diana Vilera e a plataforma PARAVERTEMEJOR
María Meseguer Alcain (Madrid, 1966) estuda no International Center of Photography (ICP) de Nova York con profesores como Mary Ellen Mark e Nan Goldin. Xa en España realiza talleres con Eduardo Momeñe, Alberto García Alix, Alberto Schommer, Larry Towell ou Ferdinando Scianna entre outros. Fotógrafa con máis de trinta anos de experiencia traballou para a Residencia de Estudantes de Madrid, ARCO, Fundación Luis Seoane, MAC (Museo Gas Natural Fenosa), Fundación Paideia Galiza, Expocoruña, Concello da Coruña, Hospital Universitario da Coruña, Porto da Coruña, Centro Sociocultural ÁGORA, Museo Gaiás e a Mostra de Cinema Periférico (S8) desde o ano 2011.
