Skip to content
MAN. Presentación

Cadela Negra

Sábado 25 OUT

13:20 - 13:40 H

Mercado de San Agustín | A Parva (Posto 2P) | Praza de San Agustín, 1

Cadela Negra amosa neste traballo a súa fascinación pola figura de Manfred Gnädinger Man —recoñecido personaxe artístico (pintor, escultor e filósofo) que desenvolveu a súa práctica no lugar de Camelle— e o seu legado ao tempo que experimentan de primeira man o lugar donde habitou durante corenta anos, ata que faleceu apenas un mes e medio despois da catástrofe do Prestige frente ao litoral galego. Así, o colectivo ourensán percorre os sendeiros que Manfred camiñaba tódolos días, imitando o seu modus vivendi, afondando na súa relación co mar e a piedra e cos residuos que rescataba do Atlántico, para crear un novo repertorio simbólico fortemente lírico, que conxuga nocións como paisaxe, memoria, acción e territorio, ao tempo que redefine o imaxinario xerado en torno á figura de Man.

MAN, o libro que agora presentamos en FFoco, é froito do III Premio Editorial de Fotografía Documental Galega, impulsado por FFoco para favorecer a publicación de ensaios fotográficos con vinculación galega.

Cadela Negra

Cadela Negra é un colectivo formado por Antonio Cortés e Lois Cid. Comezaron a traballar en dúo despois dunha residencia artística, ante a necesidade de afastarse da individualidade da produción fotográfica contemporánea, e buscando confluír as súas experiencias e visións diferentes dentro do medio fotográfico.

Antonio Cortés traballou como fotoxornalista para La Voz de Galicia. É técnico superior de Fotografía Artística pola EASD Antonio Faílde (Ourense) e tamén é técnico en Laboratorio de Fotografía pola EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela). Participou no fotozity de Ricardo Cases no 2012 na Coruña e mantívose activo rexistrando ritos pagáns e relixiosos de Galicia.

Lois Cid obtivo un mestrado en fotografía pola Royal Academy de Amberes graduándose cunha beca Horlait Dapsens outorgada a 4 proxectos finais de mestrado de Bélxica. É graduado en Belas Artespola universidade de Castela-A Mancha e ademais é técnico de fotografía pola EASD Antonio Faílde. Participou en exposicións, tanto a nivel nacional coma internacional coma o festival Encontros da Imagem (Braga, Portugal), a Grosvenor Gallery (Manchester, Reino Unido), o espazo XPO (Enschede, Países Baixos), o museo de fotografía FOMU, (Amberes, Bélxica) e na Galería Dispara (A Estrada, Pontevedra), entre outras.

Programa Actividades 2025