Colectiva
Imaxe Covid xurde como colectivo para crear un testemuño visual da crise sanitaria derivada da pandemia da COVID-19. Seis fotoxornalistas galegos que agrupan as súas imaxes para crear memoria visual do estado de alarma, que obrigou a confinar á poboación, mudando radicalmente a sociedade. O resultado e a suma de distintos puntos de vista, cos matices e arestas propias de cada autor, que axuda a dar un discurso máis amplo e máis real da incidencia do coronavirus en Galicia. O colectivo formado por Óscar Corral, Monica Ferreiros, Agostiño Iglesias, Brais Lorenzo, Miguel Muñiz e Miguel Riopa recolle algunhas das máis impactantes e reflexivas imaxes tomadas por cada un dos autores en distintos lugares e fases da pandemia, e nace como ferramenta para amosar e poñer en valor o traballo dos fotoxornalistas, declarados traballadores esenciais nesta pandemia.
Colectiva
Programa 2020