Hotel Galicia

Ayma Ghiglione

Proxección: sábado 2 NOV | 11:30 hs
Filmoteca de Galicia
Moitas veces, Ayma Ghiglione camiña pola cidade de Buenos Aires e aparecen nomes de lugares galegos, lugares onde viviu ou estivo algunha vez, onde quizá hoxe vive algunha persoa por ela querida. Seguir estes rastros conecta á autora coa súa historia, metade porteña e metade galega.

Así vai unindo as súas dúas beiras, deste xeito vai creando un espazo propio que habitar máis aló do desarraigamento. Existen na cidade de Buenos Aires, moi preto da súa casa, tres hoteis co nome Galicia. No mapa están dispostos nunha diagonal case perfecta, a distancia entre un e outro é practicamente a mesma. Ayma descubriu isto nunha noite de insomnio e esa diagonal quedou aloxada na súa cabeza indicando un camiño que decidiu seguir. Así comeza esta viaxe.

En cada edición, FFoco intenta abrir unha xanela en Galicia para mollar a mellor e máis recente creación fotográfico latinoamericana.

Ayma Ghiglione

Metade porteña, metade galega. Migrante. Ayma Ghiglione é deseñadora dixital, especializada na arquitectura da información. Ademais interésalle especialmente desenvolver proxectos de carácter social e cultural.