Skip to content
Hamartia
30 OUT - 14 NOV
Vavava Haus

Hamartia explora a relación afectiva, simbólica e psicolóxica entre as persoas e o lugar que habitan —neste caso, a cidade de Ferrol—, entendido non só como un espazo físico, senón tamén como un territorio emocional e onírico no que se entrelazan a memoria, o inconsciente e o destino.

A través da fotografía, a exposición propón que a contorna non é un escenario neutro, senón un reflexo da alma colectiva: unha proxección psíquica na que os habitantes e a paisaxe se transforman mutuamente.

A serie suxire que Ferrol agocha un misterio tráxico e poético: o dunha cidade suspendida entre a decadencia e a beleza, entre o soño e a vixilia. Un lugar que se revela a través dunha serie de microlóxicas urbanas e paisaxísticas, nas que cada xesto parece ditado por unha forza invisible: unha hamartia compartida.

Colabora: vavava haus

Rita G. Rivera

Rita G. Rivera (Ferrol, 1990) estudou Belas Artes entre a Universidade de Salamanca e a Universidade de Vigo. Posteriormente, cursou un máster en Fotografía na escola BlankPaper de Madrid e estudos de deseño en LCI e Elisava, en Barcelona.

A súa obra reflexiona sobre o paso do tempo, as relacións humanas, a paisaxe como elemento identitario e a capacidade de determinados espazos e obxectos para conter afectos e significados que transcenden a súa propia materialidade.

Participou en diversos eventos de arte contemporánea e publicou libros de fotografía e ilustración. Entre eles destacan Contrahistorias de Galicia, gañador do Premio Follas Novas ao Mellor Libro Ilustrado; o fotolibro El Gran Sol, gañador do Premio Iridiscente; e Hamartia, editado pola Fundación DIDAC.

Actualmente vive e traballa entre España e Marrocos, onde ten o seu estudo.

Programa expositivo

Nacho Alonso na Colección MICA

Nacho Alonso

O que queda de tarde

Sara Montenegro

A vida está noutra parte

Mateo Villalustre e Samuel García

Caixas de resistencia

Iván Nespereira

Hamartia

Rita G. Rivera

Isto é só un (súper) mercado

Rosalía Martínez Souto