– «FUGAZI é unha palabra que atopei nun libro sobre Vietnam, significa simplemente que unha situación é un desastre. Pensei que era unha palabra fermosa que en realidade está aberta a múltiples interpretacións». Ian MacKaye, Instrument ( Jem Cohen 1999).
– FUGAZI é unha palabra que en xerga de rúa significa que algo é falso ou está dañado sen posibilidade de reparación.
– FUGAZI é o nome da banda favorita de Iván Nespereira.
– FUGAZI é parte de 30122, un proxecto fotográfico sobre Galicia a modo de tríloxía do que tamén forman parte ENTIDADE SINGULAR e CACIQUE, no que Iván Nespereira leva traballando dende 2006.