Elas contan. As súas miradas son testemuña diaria do que acontece na cidade. Cada unha das súas imaxes, tomadas en fracción de segundos, amosan unha historia, unha información que a sociedade demanda e consume de forma rápida e constante.
Patricia Gago e Vanessa Casteleiro son fotoxornalistas, un territorio no que todavía hoxe impera unha visión masculina da realidade. Por iso, ámbalas dúas conversaron en FFoco sobre a súa experiencia e sobre o presente e o futuro da súa profesión.
Moderadora: María Nieto.