Iván Nespereira
13:40 - 14:00 H
Entidade singular é un termo utilizado en demografía e que o Instituto Nacional de Estadística define como calquera área habitable dun termo municipal, habitada ou excepcionalmente deshabitada, claramente diferenciada dentro do mesmo, e que é coñecida por unha denominación específica que a identifica sen posibilidade de confusión.
O idioma, a música, costumes, tradicións, a forma de ser dos habitantes do territorio ou a historia mesma foron as singularidades ou elementos diferenciadores que son utilizadas durante anos por institucións de toda índole e pensadores que buscan con diferentes obxectivos definir Galicia. A intención de IVán Nespereira con esta serie de imaxes non é definir: é percorrer e fotografar algúns deses miles de lugares buscando a súa singularidade.
Entidade Singular vén de sair do prelo e é o resultado do IV Premio Editorial de Fotografía Documental Galega, creado e impulsado por FFoco co obxectivo de fomentar a creación e produción de fotolibros con vinculación galega. O Premio conta coa colaboración da Fundación Marta Ortega Pérez (Fundación MOP) e, nesta ocasión, o libro resultante está editado por Dispara.Iván Nespereira
Iván Nespereira (Ourense, 1978) traballa como fotógrafo e realizador freelance no ámbito da publicidade desde 2002. Inviste tempo en desenvolver proxectos documentais a longo prazo, que parten da investigación e onde a fotografía e o vídeo son as principais ferramentas que utiliza.
Programa Actividades 2025