Skip to content
El mono de los mil días
Presentación: 31 OUT

18:00 H

Fundación Luis Seoane
Salón de actos

El mono de los mil días é unha crónica da vida de Nacho Alonso, acompañada dunha selección das súas fotografías que ilustran o texto. Non se trata de expoñer os aspectos máis escabrosos do mundo da droga, senón de amosar a interacción entre dous principios opostos no desenvolvemento dunha vida: un principio de morte, autodestrución, evasión e disolución, representado pola droga, e un principio de vida, creación e cohesión, encarnado pola fotografía.

Esta interacción está lonxe de ser sinxela e previsible. A fotografía de Nacho, malia ser un motor esencial que lle permitiu, literalmente, seguir vivo, está estreitamente vinculada á súa experiencia como adicto e marcada por ela. E a droga, a pesar de constituír unha forza negativa que lastrou o seu desenvolvemento vital, tamén o conduciu a experiencias moi enriquecedoras, ao liberalo das ataduras que impón unha forma de vida estritamente regulada e planificada.

Programa actividades

Socialismo

Mark Zlick

Encontro fotográfico

FFeira editorial

Nacho Alonso. Proxección Solar. FFoco Festival

El mono de los mil días

Nacho Alonso + Ignacio Pérez Jofre

Solo la lucha paga

Joan Morera Arbones + Alauda Negra

Os días que foron

Jesús García + Fabulatorio