Colectivo
El Faro del Adiós é o título do novo vídeo-álbum de José Luis Ducid, artista porteño afincado na Coruña. Trátase dunha suma de textos e cancións, de media hora de duración, que foi gravado en directo no salón de actos da Fundación Luis Seoane, durante a clausura do festival.
«As cancións que compartiremos, mellor dito, as catro esceas ‘romáticas’ que gravaremos gracias a FFoco no salón de actos da Fundación Luis Seoane, sucédense sobre un fondo constante: o do océano; pero non calqueira océnano, O Atlántico… Unha inmensidade de espazo e de tempo onde os amantes navegan, naufragan, afúndense, afóganse, tocan fondo, misteriosamente fan pé e impúlsanse e ascenden e sálvanse, e outra vez navegan asistidos tan só pola luz do faro máis antigo do mundo (en perfecto funcionamento)»
Colectivo
Edición 2019