La barra. 2009 – 2017

La barra

Vuelvo a ver a parejas que siguen juntas muchos años después, a otras que se llevó el viento. Al que dejó de fumar cuando llegó la prohibición, a la que lo sigue haciendo aunque ahora ahora lo haga casi escondida. Veo en estas fotos la irrupción del teléfono como extensión del cuerpo, como interferencia en la conversación. Veo la vida, la amistad, el amor, el vacío, buenas charlas, el silencio.
La música de aquel momento.
Veo, recuerdo. Me emociono, edito, lo dejo.
¿Qué será de ellos?, me pregunto. Hay a quien ví ayer.
Y lo que me reí. Pongo un gin tonic, un menta poleo. Tomo la cámara. Gente conocida o gente distante. Hago la foto casi siempre al acecho, si me gusta la enseño. Si gusta la guardo.
Ahora la muestro.
En la memoria ya estaba.
Una larga crisis, menos amigos entrando por la puerta, pero los conozco mejor, hay más tiempo para hacerlo.
Largos años atravesando un desierto.
Un barco en el que viajar aún entre las tormentas de arena.
Una tabla a la que agarrarse después del naufragio.
Una barra.
Su gente.

Isra Cubillo. A Coruña. Octubre 2020

Isra Cubillo é un fotógrafo autodidacta, que participou en obradoiros e seminarios con artistas como Bernard Plossu, Alberto García-Alix, Vari Caramés, Ricky Dávila, Laura González, Carlos Cánovas ou Jose Manuel Castro Prieto. No 2005 foi nominado para a beca de fotografía da Fundación Santa María de Albarracín; no 2011 participou en Descubrimientos PHotoEspaña e un ano despois no visionado de portafolios Novos PHE.  Ademais, foi finalista ao Premio Luis Ksado 2014.

O seu traballo protagonizou diferentes exposicións individuais e colectivas, entre as que salienta «Un cierto panorama. Reciente fotografía de autor en España», comisariada por Jesús Micó, incluida na sección oficial de PHotoEspaña 2017 e que está a itinerar por diferentes cidades europeas e latinoamericanas.

isracubillo.com

Todo vai ir ben

Todo vai ir ben

Todo vai ir ben provén dun exercicio didáctico de creación colectiva ao redor da imaxe e os seus diferentes usos. Fraguado en paralelo ao estado de alarma, o proxecto propón a viaxe introspectiva a través dos participantes do mesmo, formando unha visión plural da extravagante cotianidade experimentada neste ano 2020.

Poponnos unha peza audiovisual onde os encontros entre imaxes funcionan a modo de pulso, nunha representación do que acabaré sendo o resultado final desta proposta.

Proxecto desenvolvido por Habelas Hainas Estudio Creativo e coordinado por Jacobo Ameneiro.

Con: Aurora Díaz | Macarena | Fabiola Ferrer Pombillo | María Astorga | Claudia Botana | Goyo | Ana M. Arenaz | Daniel Muñiz Torres | Lestonnac Ibáñez | Fausto Rodríguez Montero

Jacobo Ameneiro, A Coruña 1983 é fotógrafo, docente e creador. Nos seus primeiros proxectos achégase á fotografía documental, desenvolvendo posteriormente en Madrid, onde inicia a súa andaina profesional, diversos traballos de investigación en torno ao retrato.

Dende 2014 establece o seu estudo na Coruña, sendo parte activa de diversas iniciativas culturais, impartindo clases de fotografía e traballando como fotoxornalística para La Voz de Galicia.

En 2016 participa en diversas exposicións colectivas, é seleccionado para Descubrimientos PHotoEspaña, asiste como artista convidado á feira de arte contemporánea Cuarto Público, pasando a súa obra a formar parte da colección desta institución

Dende 2017 o seu interese céntrase nas posibilidades da imaxe en diversos contextos sociais: proxectos como Conversas co Ágora, Imaxes que Habitan Corpos, Espazo Branco, Muy Sagrada, Unha realidade incerta son un exemplo.

Na actualidade diversifica súa actividade entre o seu traballo de autor e a dirección de Habelas Hainas Estudo Creativo, marca na que conflúen proxectos curatoriales, formativos e dinamizadores da imaxe, así como material comercial sempre baixo un prisma innovador e creativo.

jacoboameneiro.com

5:45 A.M.

5:45 A.M.

Atopar no futuro a luz do pasado. Á mañá despois do último día amanece un mundo novo.

Entre as luces, os sobrevivientes, agóchanse dos novos amos. Respiran o ar velenoso que herdaron.

O planeta canso, non quere espertar e limparse a inmundicia que o habita.

«Son libre. Libre para divertirme todo o que queira. Hoxe día todo o mundo é feliz»
(Un mundo feliz. Aldous Huxley)

Texto: markzlick

Simone Maestra é un fotógrafo italiano asentado na Coruña. Graduouse no Instituto ISFAV de Padova. Entre 2002 e 2008 colaborou coa Agencia Franca Speranza / Olycom e con Blobcg. No ano 2005 trasladouse a París, onde traballou con varios fotógrafos, como Jean Baptiste Mondio, Tommaso Sartori e Daniele Duella e Iango Henzi. En 2007 mudouse a España, onde vive e traballa na actualidade.

Ser un cuerpo

SER UN CUERPO

Ser un cuerpo afonda na identidade de xénero. As figuras do home e da muller agora tórnanse líquidas e desaparece o estereotipo corporal. Aparecen corpos híbridos e, sobre todo, corpos intervidos, sendo o corpo case un escaparate amoldable ao gusto de cada persoa.

O eixo central do proxecto é ademais a intimidade que cada persoa constrúe dentro de cada cuarto, ese espazo no que moitos estivos obrigados a confinarnos durante meses. É precisamente o cuarto onde somos nós mesmos, onde realmente temos voz e poder.

Dentro deste ámbito, a pornografía xoga un papel fundamental. A xente nova constitúe unha xeración ‘pornoactiva’, educada sexualmente a través deste tipo de películas, para ir pouco a pouco destruindo e desfragmentando o binomio de xénero aprehendido.

Deebo Barreiro (Vigo, 1993) estudou Belas Artes na Facultade de Pontevedra (Universidade de Vigo) e posteriormente cursou un Máster de Investigación e Creación en Arte Contemporánea na mesma facultade. En 2016 estudou na escola de fotografía Blank Paper, en Madrid, e no 2018 gañou a Beca de Fotografía da Escuela Lens de Artes Visuales, tamén en Madrid. Na actualidade realiza un Doctorado na Facultade de Belas Artes de Cuenca (UCLM).

De xeito paralelo, a súa carreira artística expándese polas salas de exposicións. Entre elas, destaca a mostra individual «¿Te gusta el rosa o el azul?», en Dispara (A Estrada), ou as colectivas «Magical Girls», en A Casa das Artes de Vigo; «Futuro Presente», comisariada por Semíramis González en INJUVE, Madrid; «Galerías VII», no centro cultural Cárcel de Segovia ou «Feminismo y Feminidad» en Can Basté, Barcelona. Outras salas nas que amosou a súa obra son o Museo de Pontevedra, o Museo Ramón María Aller (Lalín), a Galería Alemi de León, La Quinta del Sordo o Le Mur Photo Gallery (Madrid), entre outras.

cargocollective.com/deebobarreiro

Alerta en el Orzán

José Luis Ducid. Ilustraciones y gráfica: Álvaro Dorda | Inés Taboada Vizcaíno | Julia Natalia Ducid | David Carballal

Imaxe Covid

IMAXE COVID

Imaxe Covid xurde como colectivo para crear un testemuño visual da crise sanitaria derivada da pandemia da COVID-19. Seis fotoxornalistas galegos que agrupan as súas imaxes para crear memoria visual do estado de alarma, que obrigou a confinar á poboación, mudando radicalmente a sociedade. O resultado e a suma de distintos puntos de vista, cos matices e arestas propias de cada autor, que axuda a dar un discurso máis amplo e máis real da incidencia do coronavirus en Galicia. O colectivo formado por Óscar Corral, Monica Ferreiros, Agostiño Iglesias, Brais Lorenzo, Miguel Muñiz e Miguel Riopa recolle algunhas das máis impactantes e reflexivas imaxes tomadas por cada un dos autores en distintos lugares e fases da pandemia, e nace como ferramenta para amosar e poñer en valor o traballo dos fotoxornalistas, declarados traballadores esenciais nesta pandemia.

Óscar Corral (Santiago de Compostela, 1981) comezou a traballar como fotoxornalista no ano 2003. Dende 2009 traballa no diario El País en Galicia, labor que compaxina con reportaxes internacionais para o mesmo diario así como para El País Semanal. En 2013 foi seleccionado nos «Full-Focus» da axencia Reuters.

oscarcorral.gal

Mónica Ferreirós (Vilanova de Arousa, 1975) estudou Fotografía Artística na Escola Mestre Mateo e dende 1998 traballa de fotoxornalista en medios de comunicación galegos e estatáis. Actualmente é freelance e membro de @imaxecovid.

Agostiño Iglesias (Lousame, 1984) estudou Fotografía Artística na Escola Antonio Failde de Ourense. Actualmente traballa de fotoxornalista freelance, colaborando principalmente con La Voz de Galicia e en publicacións para revistas de tirada autonómica e nacional.

agos.gal

Brais Lorenzo Couto (Ourense, 1986) estudou fotografía Artística na Escola Antonio Failde de Ourense e Xeografía e Historia na Universidade de Vigo. Dende 2010 traballa de fotoxornalista, habitualmente en Axencia EFE e Faro de Vigo.

Miguel Muñiz (Santiago de Compostela, 1966) estudou Fotografía Artística na Escola Mestre Mateo. Traballa como fotoxornalista no diario ABC dende fai mais de 20 anos. Colaborador habitual de diversos medios como Expansión e Revista ECO. É autor ademais de diversas publicacións.

Miguel Riopa (Campo Lameiro, 1967) traballa como fotoxornalista desde o ano 1989. Na actualidade desenrola o seu labor na axencia de noticias Agence France-Presse. No ano 2008 foi recoñecido con un dos premios World Press Photo.

miguelriopa.com/