Fotografía, migración e identidade. Mesa redonda

Fotografía, migración e identidade. Mesa redonda

Claudia Prechedes, Nacho Álvarez e María Nieto

Xoves 20 NOV
19:00 hs
Fundación Luis Seoane | Salón de actos

O cabelo como símbolo, a fotografía como espello, a imaxe como resistencia.

No marco da novena edición de FFoco, organizamos esta conversa imperdible arredor de “Pixaim”, o proxecto da artista visual Claudia Prechedes, que explora o cabelo como signo de resistencia e reapropiación identitaria fronte ao ideal estético eurocéntrico. Participan neste encontro a propia autora máis o sociólogo especializado en migracións e interculturalidade Nacho Álvarez. E a xornalista María Nieto é a encargada de moderar esta conversa, concebida como un espazo para pensar e celebrar a diversidade a través da fotografía.

Entrada de balde ata completar aforo.

Claudia Prechedes, Nacho Álvarez e María Nieto

San Agustín, punto de encontro

San Agustín, punto de encontro

Fotolibros, petiscos e grolos en A Parva

Sábado 25 OUT
13:00 - 17:00 H
Mercado de San Agustín | A Parva (Posto 2P) | Praza de San Agustín, 1

Esta edición, FFoco reforza a súa presenza no Mercado de San Agustín, e máis en concreto no posto de A Parva, que durante unha xornada se vai converter nun espazo vivo de conversa e encontro arredor da fotografía contemporánea. Haberá presentacións e mostras de fotolibros, ás veces, de difícil acceso fóra do festival. Tamén haberá petiscos e grolos. Convidamos nós!

A principal forza de FFoco radica precisamente na confluencia, nun mesmo tempo e lugar, de autoras e autores, profesionais e amadores da fotografía, veciñanza e público en xeral, favorecendo o diálogo, o intercambio de experiencias e a reflexión crítica sobre os novos usos da imaxe fotográfica.

Acompáñanos!

Fotolibros, petiscos e grolos en A Parva

Entidade Singular. Presentación

Entidade Singular. Presentación

Iván Nespereira

Sábado 25 OUT
13:40 - 14:00 H
Mercado de San Agustín | A Parva (Posto 2P) | Praza de San Agustín, 1

Entidade singular é un termo utilizado en demografía e que o Instituto Nacional de Estadística define como calquera área habitable dun termo municipal, habitada ou excepcionalmente deshabitada, claramente diferenciada dentro do mesmo, e que é coñecida por unha denominación específica que a identifica sen posibilidade de confusión.

O idioma, a música, costumes, tradicións, a forma de ser dos habitantes do territorio ou a historia mesma foron as singularidades ou elementos diferenciadores que son utilizadas durante anos por institucións de toda índole e pensadores que buscan con diferentes obxectivos definir Galicia. A intención de IVán Nespereira con esta serie de imaxes non é definir: é percorrer e fotografar algúns deses miles de lugares buscando a súa singularidade.

Entidade Singular vén de sair do prelo e é o resultado do IV Premio Editorial de Fotografía Documental Galega, creado e impulsado por FFoco co obxectivo de fomentar a creación e produción de fotolibros con vinculación galega. O Premio conta coa colaboración da Fundación Marta Ortega Pérez (Fundación MOP) e, nesta ocasión, o libro resultante está editado por Dispara.

Iván Nespereira

Iván Nespereira (Ourense, 1978) traballa como fotógrafo e realizador freelance no ámbito da publicidade desde 2002. Inviste tempo en desenvolver proxectos documentais a longo prazo, que parten da investigación e onde a fotografía e o vídeo son as principais ferramentas que utiliza.

MAN. Presentación

MAN. Presentación

Cadela Negra

Sábado 25 OUT
13:20 - 13:40 H
Mercado de San Agustín | A Parva (Posto 2P) | Praza de San Agustín, 1

Cadela Negra amosa neste traballo a súa fascinación pola figura de Manfred Gnädinger Man —recoñecido personaxe artístico (pintor, escultor e filósofo) que desenvolveu a súa práctica no lugar de Camelle— e o seu legado ao tempo que experimentan de primeira man o lugar donde habitou durante corenta anos, ata que faleceu apenas un mes e medio despois da catástrofe do Prestige frente ao litoral galego. Así, o colectivo ourensán percorre os sendeiros que Manfred camiñaba tódolos días, imitando o seu modus vivendi, afondando na súa relación co mar e a piedra e cos residuos que rescataba do Atlántico, para crear un novo repertorio simbólico fortemente lírico, que conxuga nocións como paisaxe, memoria, acción e territorio, ao tempo que redefine o imaxinario xerado en torno á figura de Man.

MAN, o libro que agora presentamos en FFoco, é froito do III Premio Editorial de Fotografía Documental Galega, impulsado por FFoco para favorecer a publicación de ensaios fotográficos con vinculación galega.

Cadela Negra

Cadela Negra é un colectivo formado por Antonio Cortés e Lois Cid. Comezaron a traballar en dúo despois dunha residencia artística, ante a necesidade de afastarse da individualidade da produción fotográfica contemporánea, e buscando confluír as súas experiencias e visións diferentes dentro do medio fotográfico.

Antonio Cortés traballou como fotoxornalista para La Voz de Galicia. É técnico superior de Fotografía Artística pola EASD Antonio Faílde (Ourense) e tamén é técnico en Laboratorio de Fotografía pola EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela). Participou no fotozity de Ricardo Cases no 2012 na Coruña e mantívose activo rexistrando ritos pagáns e relixiosos de Galicia.

Lois Cid obtivo un mestrado en fotografía pola Royal Academy de Amberes graduándose cunha beca Horlait Dapsens outorgada a 4 proxectos finais de mestrado de Bélxica. É graduado en Belas Artespola universidade de Castela-A Mancha e ademais é técnico de fotografía pola EASD Antonio Faílde. Participou en exposicións, tanto a nivel nacional coma internacional coma o festival Encontros da Imagem (Braga, Portugal), a Grosvenor Gallery (Manchester, Reino Unido), o espazo XPO (Enschede, Países Baixos), o museo de fotografía FOMU, (Amberes, Bélxica) e na Galería Dispara (A Estrada, Pontevedra), entre outras.

Poéticas para a memoria dunha guerra allea. Presentación

Poéticas para a memoria dunha guerra allea. Presentación

Miguel Auria

Sábado 25 OUT
13:00 - 13:20 H
Mercado de San Agustín | A Parva (Posto 2P) | Praza de San Agustín, 1

«Estas fotografías forman parte dun proxecto tecido a través da lembranza da guerra de Bosnia. Observada dende a distancia, como a melodía dunha radio escoitada na infancia. Unha pulsión coa que intento narrar unha experiencia íntima, abafada nunha atmósfera escura e densa a onde aínda chega o rumor dunha pregunta mal formulada, perdida nos espazos incomprendidos atados ao inconsciente.

A cámara permíteme apresar a paisaxe e transformala nunha exquisita ensoñación mentres me dirixo a Saraxevo. Apenas permanece un arquivo dixital que conserva o viés do ollar, certa dor, e a éxtase stendhaliana provocada por unha beleza agonizante. Tal vez, un retrato do que non comprendo». — Miguel Auria

Miguel Auria

Miguel Auria (Ourense, 1985) é Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño con especialidade en Fotografía Artística pola Escola de Artes e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense e Titulado Superior en Violín polo Conservatorio Superior de Música de Vigo. Continuou a súa formación na Universität der Künste de Berlín e na Escola Superior de Música e Artes Escénicas do Porto, e realizou cursos con autores como Joan Fontcuberta, Carmen Dalmau, David Jiménez, Oscar Molina, Omar Joseff ou Manuel Outumuro.

Expuxo individual e colectivamente en diferentes edicións do Festival Outono Fotográfico. Foi finalista en certames como o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, o Premio COMEL de Arte Contemporáneo en Italia, o Premio José Lamiel de Artes Plásticas, o Duodécimo Premio Auditorio de Galicia para Artistas Novos/as, o Premio de Artes Plásticas “La Brocense” en Cáceres, ou a IV Convocatoria Aberta para Artistas “Lírica al Margen”, onde acadou o primeiro premio. Tamén foi seleccionado na XXVII edición do Concurso Propostas de Axudas á Creación Visual de VEGAP, no Colexio de España en París e en numerosos certames nacionais de artes plásticas e fotografía.

Obradoiro exprés de ‘collage’ fotográfico

Obradoiro exprés de 'collage' fotográfico

Vanesa Abelairas

Sábado 25 OUT
12:00 - 17:00 H
Mercado de San Agustín | A Parva (Posto 2P) | Praza de San Agustín, 1

Este obradoiro exprés propón unha experiencia creativa aberta a todo o público, na que cada participante pode elaborar a súa propia chapa a partir de imaxes de antigas revistas ilustradas.

O obxectivo é xogar coa composición e co collage para crear unha nova imaxe a partir de materiais xa existentes, fomentando a creatividade e a experimentación visual. A actividade está pensada para que calquera persoa, sen importar a súa experiencia previa, poida participar en poucos minutos e levar consigo unha peza única elaborada por ela mesma. É unha proposta tanto para nenas e nenos como para persoas adultas, que mesmo poden divertirse e crear en conxunto.

Actividade continua, aberta durante toda a xornada. Cada ‘mini-obradoiro’ ten unha duración aproximada de 15 minutos por persoa. Non é necesaria inscrición previa: quen queira pode achegarse ao espazo do taller e informarse e inscribirse ao momento.

Vanesa Abelairas

Vanesa Abelairas é unha creadora galega especializada na deseño e fabricación artesanal de chapas feitas a man, a través do seu proxecto persoal «La Chapera», creado en 2019.

O seu proceso creativo combina ilustración, collage manual e dixital, xogando co humor, a ironía e a linguaxe visual para transmitir mensaxes distintas.

Ademais da artesanía, nas súas pezas aborda cuestións sociais e culturais, como o feminismo ou o vínculo con Galicia, usando as súas obras como medio de expresión e reivindicación.

Restory Books. Visita guiada

Restory Books. Visita guiada

Pavel Milev e Patricia Acinas

Sábado 25 OUT | 17:30 hs
Restory Books | Rúa Marqués de Pontejos, 9 baixo

Restory é unha libraría de segunda man especializada en artes, creatividade e pensamento crítico, nacida en Barcelona no 2020 e trasladada á Coruña no 2025.

Máis alá dos libros raros ou de colección, os seus creadores, Pavel Milev e Patricia Acinas, rastrexan publicacións que quedaron fóra do radar —esas que habitan nas marxes— e que agochan unha riqueza maior da que aparentan a simple vista.

Buscan edicións capaces de sorprender, descolocar, inspirar e provocar novas formas de pensar, e impulsan artistas emerxentes desde o 2022 co seu programa Next Gen Talent.

Máis ca unha libraría, Restory é un arquivo sensible: unha colección en movemento dedicada a rescatar libros e publicacións marxinais, raras ou singulares.

Custodian o silenciado e o peculiar para deseñar coleccións especiais, bibliotecas vivas, espazos singulares e eventos pouco comúns.

Visita guiada polo espazo. De balde ata completar aforo

Pavel Milev e Patricia Acinas

Pavel Milev y Patricia Acinas son os creadores de Restory Books, libraría de segunda mano moi especial, nacida en Barcelona y que desde xuño pasado emprendeu nova etapa na Coruña, na rúa Marqués de Pontejos.

Restory, Rare books for Rare people, é un espazo exquisito onde encontrar xoais bibliográficas (moitas descatalogadas) de literatura, arte e pensamiento. O proxecto xurdiu da curiosidade de Pavel e Patricia pola documentación durante os seus anos de traballo na música, nas industrias creativas e na moda.

Ler fotografía. Obradoiro infantil

Ler fotografía. Obradoiro infantil

Sonia Hermida

Sábado 25 OUT
12:00 - 13:30 H
Galgo azul | Av. Gramela, 16-18

Este obradoiro, destinado a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos e impartido por Sonia Hermida (Al otro lado. Asociación de familias lectoras), é un espazo de exploración e construción en torno aos fotolibros. Sabiades que ademais de coas ilustracións os álbumes poden contar historias a través da fotografía?

Nesta actividade imos coñecer unha ampla mostra de fotolibros que nos achegan dende a literatura infantil e xuvenil narracións diversas. Partindo de Entre as augas, fotolibro gañador do II Premio Editorial de Fotografía Documental Galega, crearemos os nosos propios libros fotografando a nosa contorna e os moitos segredos que podemos atopar en el. O texto? Un pequeno haiku que crearemos para completar o noso exemplar.

Inscricións: ffocofestival@gmail.com

Indicar no asunto ‘Obradoiro infantil’ e engadir no corpo da mensaxe nome completo do neno/a e do adulto que fai a inscrición.

Grupo máximo de 15 rapaces.

Durante o obradoiro, a organiación poderá tomar fotos dos participantes para difusión en redes sociais. A inscrición supón a aceptación expresa desta posibilidade.

Sonia Hermida

Sonia Hermida é mediadora e investigadora especializada en literatura infantil e inclusión, socia fundadora de Al Otro Lado.

Licenciada en Ciencias da Información pola USC. Cursos de doutoramento en Comunicación Audiovisual na UPV. Máster en Lectura, libros e lectores infantís e xuvenís pola Universidade de Zaragoza, no que actualmente imparte docencia no ámbito do álbum ilustrado e a inclusión.

Durante case 14 anos exerceu como xornalista en diversos medios de comunicación e gabinetes de prensa para despois especializarse en comunicación na área da educación e da literatura e, finalmente, traballar como mediadora e formadora de mediadoras/es. Impartiu obradoiros a profesorado, familias e nenos/as en decenas de centros educativos, bibliotecas e espazos culturais.

Nos últimos anos (desde 2019) impartiu formación en mediación lectora e inclusión no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e na Facultade de Ciencias da Educación da UDC, onde coorganizou unhas xornadas de mediación lectora.