ffeira editorial

FFEIRA EDITORIAL

SÁBADO 11 NOV
Fundación Luis Seoane
FFeira: Hall planta baixa | 12.00 – 20.00 hs

De forma paralela á celebración de FFoco, a Asociación Acolá organiza cada ano unha ffeira editorial centrada na divulgación de fotolibros. Unha oportunidade única para ver, tocar, consultar, descubrir e, sobre todo, mercar libros de fotografía, en ocasións, difícilmente accesibles doutro xeito. E como sempre, coa participación dos máis destacados selos galegos e doutras procedencias:

  • Alauda Negra
  • AmordeMadre
  • Bartlebooth
  • Dispara
  • Estraperlo Editora
  • La Cueva Casa Editorial
  • La Mosca Ediciones

As lindes dos tempos

AS LINDES DOS TEMPOS

Laura Alonso Carracedo e Pep Páramos

SÁBADO 11 NOV
11:00 - 13:30 hs

Fundación Luis Seoane

Riotorto, unha paisaxe rural que ten cedido a meirande parte da súa poboación ás cidades, é un espazo fronteirizo entre a antiga concepción dos oficios e o presente postindustrial no que o control numérico rixe un mundo que se esgota a se mesmo, autodeglutido polo consumo masivo e a precarización do medio e da sociedade. A forxa de Riotorto é un deses últimos lugares onde un vello ferreiro continúa a bater o aceiro enroxecido no lume da fragua. A fragua da fraga é un deses sitios que marcan a linde entre dúas formas de conciencia, dúas experiencias da vida, dous tempos.

O propósito deste obradoiro de edición fotográfica é, partindo do work in progress do proxecto foto-documental de Laura Alonso Carracedo sobre a fragua de Riotorto, enfocar a edición gráfica dos proxectos fotográficos, encarando as diversas posibilidades para a publicación dos mesmos e, a un mesmo tempo, interrogarnos sobre as tensións entre a semántica e a plástica intrínsecas á Fotografía, entendida coma xeito tanto de expresión coma de investigación documental.

Inscricions:
ffocofestival@gmail.com
15 prazas ata completar aforo por rigurosa orde de inscrición

Obradoiro familiar: apropiación e colaxe

Obradoiro familiar: Apropiación e colaxe

La Chapera

SÁBADO 11 NOV
12:00 - 20:00 hs
Fundación Luis Seoane
Este ano, La Chapera chega a FFoco con dúas propostas para os seus obradoiros familiares e para a rapazada:

Como xa é tradición, poñeravos a xogar coa arte apropiacionista, buscando imaxes en revistas ilustradas, extraendo recortes circulares para transformar as fotografías noutras imaxes e convertelas en chapas.

A segunda proposta para esta xornada é compoñer un retrato fotográfico gracias a descomposición doutros xa existentes. Como un Señor Potato ou o Frankestein de papel, que tamén se adoptará forma final de chapa ou imán.

As dúas actividades están pensadas para público de todas as idades, recomendando acompañamento para os menores de 8 anos. Non é necesaria inscrición previa, ocuparanse as prazas por orde de chegada.

Proxeccións: Dobre sesión

Proxeccións: Dobre sesión

SÁBADO 11 NOV
Dobre sesión
16:30 - 17:30 hs. Filmoteca de Galicia
21:00 - 22:00 hs. Fundación Luis Seoane
Filmoteca de Galicia
Rúa Durán Loriga, 10
Entrada de balde ata completar aforo

Por primeira vez na historia do Festival, a xornada de proxeccións entra no temlo galego das artes visuais, a Filmoteca de Galicia, na que unha escolma de autoras e autores locais e doutras procedencias afondarán na relación entre os lugares e as identidades. Os participantes deste ano son:

  • Anxo Santiago
  • Fran Rodríguez Casal
  • Hoodoolab
  • Lemos + Lehmann
  • María Meseguer
  • Rita G Rivera
  • Sara Giunta
  • Vicente Fraga
Ademais, as proxeccións chegan nesta edición en sesión dobre e terán outro pase pola noite, na Fundación Luis Seoane, e servirán como cada ano para pechar a xornada de FFoco.

visita guiada

María Meseguer. As aforas dunha cidade extranxeira. Sombras en pico Chantada, Lugo, 2023
María Meseguer. As aforas dunha cidade extranxeira. Sombras en pico Chantada, Lugo, 2023

VISITA GUIADA

María Meseguer

SÁBADO 11 NOV
12.00 - 13.30 hs
ASOCIACIÓN CULTURAL ALEXANDRE BÓVEDA
San Andrés 36 1°

Antes de participar na noite de proxeccións de FFoco, a fotógrafa María Meseguer ofrece unha visita guiada á súa exposición Ás aforas dunha cidade extranxeira, que reúne unha serie de imaxes nas que a autora recolle esceas cotiás da paisaxe urbana, sobre todo da cidade da Coruña. Fotografías de casas, rúas, escaparates, muros e outros detalles intervidos pola casualidade; arquitecturas imprevistas producidas por accidentes, deterioro ou simplemente por unha luz ou reflexo determinado, que tentan mostrar a beleza que xorde por casualidade no medio que nos rodea.

Reserva de prazas en ffocofestival@gmail.com

María Meseguer Alcain (Madrid, 1966) estuda no International Center of Photography (ICP) de Nova York con profesores como Mary Ellen Mark e Nan Goldin. Xa en España realiza talleres con Eduardo Momeñe, Alberto García Alix, Alberto Schommer, Larry Towell ou Ferdinando Scianna entre outros. Fotógrafa con máis de trinta anos de experiencia traballou para a Residencia de Estudantes de Madrid, ARCO, Fundación Luis Seoane, MAC (Museo Gas Natural Fenosa), Fundación Paideia Galiza, Expocoruña, Concello da Coruña, Hospital Universitario da Coruña, Porto da Coruña, Centro Sociocultural ÁGORA, Museo Gaiás e a Mostra de Cinema Periférico (S8) desde o ano 2011.

PRESENTACIÓN: ÁNIMA

PRESENTACIÓN: ÁNIMA

Ruth Montiel Arias + Alauda Negra

SÁBADO 11 NOV
18:00 - 18:30 hs
Fundación Luis Seoane
Salón de actos
Ánima é un proxecto visual que propón unha analogía entre a tradición do sacrificio do porco e o seu paralelismo coa crenza mitolóxica da ‘Santa Compaña’. A través deste traballo, Ruth Montiel Arias (Palmeira, A Coruña, 1977) establece un encontro entre a superstición e o costumismo galego para trazar un novo imaxinario onde sexa posible unha nova relación do folclore cun humanismo non antropocéntrico.

Baixo o pretexto da tradición, mantiveronse actos que hoxe resultan totalmente inxustificables, aínda que, dependendo do país ou rexión na que nos atopemos; algúns mantéñense con diferentes pátinas temporais adaptadas por unha certa modernidade ou avance, como é posible constatar en Galicia.

Ánima pon así o foco na tradición e en como esta xustifica actos cuestionables, non só por unha ampla maioría da sociedade, senón por algunhas das persoas involucradas que non se resignan a manter xa o mandato secular da sacrificio.

Ánima encerra no seu mesmo relato unha vocación transformadora e utópica: en sí mesma esta serie de fotografías acontece no paso da opacidade da noite á luz do día, do silencio ao berro, do máxico ao real, do invisible ao visible, do executor ao executado. Un percorrido visual e emocional que conforma este novo fotolibro de Ruth Montiel Arias, oscilando entre a tradición e as creenzas onde afloran os instintos máis primixenios da condición humana á posibilidade doutro legado simbólico e moral; sen deixar indiferente así a ninguén que se adentre nas súas páxinas. Ánima foi finalista da primeira edición do Premio Editorial de Fotografía Documental Galega impulsado por FFoco.

Diálogos de cine: Conversa con Vicente Vázquez

Diálogos de cine: Conversa con Vicente Vázquez

SÁBADO 11 NOV
18:30 - 20:00 hs
Con Diálogos de Cine inauguramos unha nova sección do festival FFoco. Comezamos cun encontro co cineasta e artista plástico galego Vicente Vázquez Peleteiro. A sesión comprende unha explicación, acompañado do escritor cinematográfico José Manuel Sande, dos seus procesos de traballo, namentres recorreremos a súa traxectoria, suxeito activo presente en moitos dos momentos clave tanto do Novo Cinema Galego como da historia recente da creación visual e a evolución da arte contemporánea no noso país, robustecido por un sólido itinerario internacional.

Vicente Vázquez é coautor da serie de filmes Oficio Preventivo (2006) ou El enemigo (2009), Canedo (2010), Goitibehera behetik gora (2012), The exhaust note (2013) ou 90º Doble vertiente (2013), baixo diferentes denominacións. Tamén é un dos fundadores da cooperativa Tractora Koop., na que afondou na labor editorial, e colaborador estreito de autores como Oliver Laxe. Na actualidade prepara con Zeitun Films o seu proxecto Mise en abyme. O estudo das comunidades, os imaxinarios colectivos, o traballo, a industria ou as esencias históricas da práctica deportiva son algúns dos seus campos de investigación e creación esenciais.

PRESENTACIÓN: ORIXE OU CANDO A MAREA BAIXA

PRESENTACIÓN: ORIXE OU CANDO A MAREA BAIXA

Ana Paes + Fabulatorio

SÁBADO 11 NOV
20:00 - 21:00 hs
Fundación Luis Seoane
Salón de actos
Orixe ou cando a marea baixa é unha obra complexa, cunha profunda capacidade lírica, que é capaz de reunir e articular, nun mesmo discurso narrativo, unha historia sobre a viaxe e as búsquedas interiores que facemos no tránsito; un relato sobre as complicidades familiares e, por último, unha indagación sobre a memoria, sobre as súas distorsións e os seus reflexos no presente. A partir dunha declarada subxectividade, o traballo de Ana Paes non resulta hermético e, moi ao contrario, deixa espazo para que outro, e a súa alteridade, o interpreten e fagan propio. Orixe consegue, ademais, dende unha aparente diversidade, crear unha imaxinario visual coherente —que funciona nas partes e no conxunto— e verdadeiramente fascinante.

(Extracto da acta do xurado do I Premio Editorial de Fotografía Documental Galega)

Ana Paes (A Guarda, Pontevedra, 1982) é unha artista visual galega con base en Madrid. Licenciada en Historia da Arte pola USC (Santiago de Compostela) e Máster propio en Historia e Estética Contemporánea pola UVA (Valladolid). A súa formación en fotografía e o cine está moi relacionada á investigación de técnicas analóxicas. Autopublicou varios dos seus proxectos (Ser y Cuerpo e Ensaio II).

Aperitivo fotográfico

Unha caña con... Actividade, FFoco Festival

Aperitivo fotográfico

Sábado 2 NOV | 14:00 hs
Fundación Luis Seoane | Patio

Máis que un festival, somos unha verbena! E se a meirande enerxía de FFoco radica na confluenza de autoras e autores, fotógrafos amadores e profesionais, veciñanza e público xeral, non queremos deixar pasar a oportunidade de reunirnos en torno a unha boa ración de petiscos e grolos. Así que, un ano máis, os convidamos a acompañarnos neste aperitivo fotográfico, que nesta ocasión terá lugar no patio da Fundación Luis Seoane trala foliada de Óscar Górriz.