15′

15'

Acción específica comisariada polo Café Universal

O Café Universal acepta o reto de converterse tamén en sede de FFoco. E colaboran de tres xeitos co Festival:

1.- Comisariando unha peza específica titulada 15′ na que contan cun montón de amigos que ademais son grandes fotógrafos. Xente que ten o Uni como un dos seus lugares de referencia. Os nove fantásticos son: Antón Sanjurjo, Xosé Duncán, Iván Casal, Lucía Castro, Hermano Lobo, Andrea Ratto, Raffaella Vesevo, César L. Seoane e Javi Quiroga.

2.- Expoñendo tamén a obra dos fotógrafos en formato dixital, proxectadas na parte traseira do Uni. Unha mostra con dez fotografías de cada un dos devanditos autores. Un total de 90 imaxes en series de 10, pensadas específicamente para esta edición de FFoco.

3.- Montando unha presentación «bastarda, con nocturnidade e alevosía». Rollo «cara b», que nos encanta. Unha proposta «golfa, descarada e sublimando o terceiro tempo, tan necesario hoxe en día, porque facer comunidade tamén é crear espazos para vernos e afectarnos en común».

Foto: Hermano Lobo

café universal | rúa san andrés, 1
PResentación
venres 5 NOV | 23:30 h 

Mesa Redonda

Mesa Redonda

Os recoletores de libros

No marco da exposición TAPAS I, que forma parte do programa expositivo de FFOCO, os curadores da mostra, Jorge Blasco e Silvia Longueira, xunto ao galerista e coleccionista Juan Naranjo e ao artista e editor Xosé Lois Rodríguez Faílde, conversarán sobre a confluencia entre arte e deseño editorial, a partir da análise daquelas publicacións que transgreden a función editora para converterse en pezas fundamentalmente artísticas.

Fundación Luis Seone | Salón de actos
Sábado 6NOV | 17:00 H

Obradoiro La Chapera

Obradoiro ‘La Chapera’

Neste obradoiro  imos xogar coa ‘arte apropiacionista’ e coa idea de crear algo novo partindo dunha obra fotográfica allea. Buscaremos reencadres circulares, formato pouco habitual en fotografía pero tan familiar cando falamos de chapas, para crear as nosas propias pezas a partir das páxinas de interesantes revistas fotográficas.

Ao final do obradoiro, cada participante poderá levarse a casa 3 imaxes modificadas coas súas respectivas chapas. Para custear os materiais, o prezo é de 10 euros por persoa, pero vos aseguramos que esta actividade vos permitirá experimentar un proceso creativo diferente e divertido.

Non é necesaria inscrición previa. Iranse facendo grupos por orde de chegada.

Fundación Luis Seone | Hall
Sábado 6NOV | 12:00 – 22:00 H

Presentación

Fotografía inclusiva de Nos Why Not. FFoco Festival
Fotografía inclusiva de Nos Why Not. FFoco Festival

Presentación

A fotografía: unha porta entre dous mundos

Fotografía inclusiva con enfoque profesional é un programa da Fundación Maria José Jove que ten como obxectivo ampliar ferramentas para a inserción laboral de mozas e mozos con diversidade funcional a través da fotografía.

Diana Shevchenko, unhas das alumnas do curso, compartirá con todos nós a súa experiencia e evidenciará cómo a fotografía permítenos vivir o noso día a día con outra actitude fronte a vida.

Fundación Luis Seone | Salón de actos
Sábado 6NOV | 18:00 H

FFeira editorial

FFEIRA EDITORIAL

Tralo obrigado parón na pasada edición, FFOCO recupera unha das súas máis mítica actividades: a ffeira editorial centrada na divulgación de fotolibros. Unha oportunidade única para ver, tocar, consultar, descubrir e, sobre todo, mercar libros de fotografía. Coa participación dos máis destacados selos galegos:

  • Alauda Negra
  • AmordeMadre
  • Banco Editorial
  • Copias de Autor
  • Cosecha de Semillas
  • Dispara
  • Estraperlo Editora
  • Fabulatorio
  • FAW
  • e a venezolana La Cueva Casa Editorial

Ademais, no marco desta ffeira lévanse a cabo presentacións de maquetas e fotolibros de recente publicación:

  • Raza, de Tono Arias. Edita: Dispara
  • Palabras, de Silvia Calvo Marta. Edita: Coleccionista de Semillas
  • Parede Branca, de Xabier Fernández Comesaña. Edita: Copias de Autor
  • Bloque, de Iván Nespereira. Edita: Estraperlo Editora
  • La Fatiga, de Alejandro Rego. Edita: AmordeMadre
  • Never Know, de Alicia Seoane. Edita: AmordeMadre
Fundación Luis Seoane
Sábado 6NOV

FFEIRA | HALL
12:00 – 22:00 H

Presentacións | Salón de Actos
20:00 – 21:30 H

Premio Editorial

FFOCO_Finalistas_Premio_Editorial

Premio Editorial

Revisión de proxectos

Os oito finalistas ao noso Premio Editorial de Fotografía Documental Galega teñen a oportunidade de amosar o seu traballo a representantes dalgunhas das máis destacadas editoriais galegas especializadas en fotografía (Fabulatorio, Alauda Negra e Estraperlo Editora, ademais da venezolana La Cueva Casa Editorial) co fin de recibir asesoramento para que as súas propostas adquiran un novo valor ao adoptar a forma de libro.

Ademais, escolleremos a un único traballo gañador para a súa publicación, atendendo á súa calidade técnica, orixinalidade temática, posibilidades narrativas e viabilidade editorial. En total publicaremos 300 exemplares, dos que o gañador/a percibirá:

  • 30 exemplares non comercializables, que poderá empregar para difundir e comunicar o seu traballo.
  • 600 euros (seiscentos euros, aos que se lle aplicarán as retencións fiscais pertinentes) en concepto de dereitos de autoría.
Fundación Luis Seone | Salón de actos
Sábado 6NOV | 10:00 – 13:30 H

 

* Actividade reservada a participantes previamente seleccionados