Paolo Gasparini é un dos principais fotógrafos do noso tempo. Presenta os seus traballos en forma de proxeccións audiovisuais, fotolibros e fotomurales. Todos eles son montaxes fotográficos, conxuntos de imaxes nos que os significados se multiplican pola relación entre as partes. Gasparini utiliza estes procedementos durante toda a súa carreira, que comezou en Italia nos anos cinconta do século pasado e continúa en Latinoamérica ata a actualidade, en continuas viaxes de ida e volta.
Orixinario do norte de Italia, Paolo Gasparini mudouse a Venezuela á idade de vinte anos e a súa extensa traxectoria está influenciada polo neorrealismo e polo traballo de Paul Strand, de quen foi discípulo. A fotografía urbana é un dos seus intereses principais e así expresouno en multitude de esceas captadas nas rúas de Caracas, Cidade de México, Sao Paulo e Los Angeles.
Ademais é autor dalgúns fotolibros extraordinarios, como Para verte mejor América Latina, considerado unha obra mestra, un traballo sobre «bos e malos» (Cuba e Estados Unidos) co que intenta cambiar «este maltratado e contaminado mundo». En todos os seus proxectos posteriores continuou aplicando a súa norma de «actuar sobre a realidade» para ver, pensar e resistir.
A súa fotografía documental, enfocada a amosar a diversidade da sociedade latinoamericana, constitúe así unha obra única que recopila a historia visual do continente a as súas profundas contradicións. En 1993 obtivo o Premio Nacional de Fotografía de Venezuela.