Skip to content
Caixas de resistencia
30 OUT - 29 NOV
Fundación Luis Seoane | Planta baixa

A instalación Caixas de resistencia desprega unha cartografía visual dos espazos que acolleron free parties durante os últimos vintecinco anos na Península Ibérica. Encoros, naves industriais, instalacións militares abandonadas, aeroportos sen actividade, circuítos de automobilismo herdados do ciclo especulativo, bosques remotos, aeródromos forestais ou fábricas en desuso forman parte dunha xeografía intermitente.

O arquivo achégase a estes enclaves como espazos desterritorializados: lugares suspendidos da súa función orixinal que, mediante a acción colectiva, son apropiados temporalmente e reterritorializados.

Iván Nespereira

Iván Nespereira (Ourense, 1978) inviste tempo no desenvolvemento de proxectos documentais —de longo percorrido— que parten da investigación e nos que a fotografía e o vídeo son as principais ferramentas que emprega, sendo o libro o formato que mellor se axusta ao seu traballo.

En 2017 presenta Nueva Galicia, un proxecto documental desenvolvido ao longo de dez anos que aborda a historia do caucho na conca do Amazonas. O proxecto materialízase nunha publicación e nunha película documental proxectada en festivais de cinema como Curtocircuito, OUFF, Bogoshorts e Play-Doc. A publicación recibe o Premio ao Mellor Libro de Fotografía do Ano na categoría de autoeditados, no festival PHotoESPAÑA 2018, e preséntase e expónse, entre outros espazos, no Arquivo Municipal de Lisboa, Fiebre Photobook (Madrid), Dispara (A Estrada), Fotomuseo Cuatro Caminos (México) e FOLA (Bos Aires).

En 2020, as editoriais Estraperlo e Alauda Negra publican BLOQUE, un libro e un fanzine que amosan parte do seu proxecto arredor da pedra, unha investigación sobre os diferentes procesos relacionados con esta materia na que continúa traballando.

Recibe o IV Premio Editorial de Fotografía Documental Galega, organizado polo festival de fotografía FFoco, que permite a publicación do seu terceiro libro, Entidad Singular, pola editorial Dispara, un traballo que aborda as particularidades do territorio galego.

Na actualidade desenrola CAIXAS DE RESISTENCIA, un proxecto de investigación e arquivo arredor da cultura free party na península ibérica que en 2025 recibe as Axudas públicas para a creación, investigación e produción de proxectos artísticos en residencia do Ministerio de Cultura, no marco dunha residencia no Centro Huarte.

Programa expositivo

Nacho Alonso na Colección MICA

Nacho Alonso

O que queda de tarde

Sara Montenegro

A vida está noutra parte

Mateo Villalustre e Samuel García

Caixas de resistencia

Iván Nespereira

Hamartia

Rita G. Rivera

Isto é só un (súper) mercado

Rosalía Martínez Souto