Skip to content

Así sea, así sea, así sea

Lorena Varela

«A partires dun estraño obxecto que atopo revolvendo no desván da miña casa, nace a necesidade de plasmar a mística que envolve a miña terra: Galicia. A través desa atmósfera máxica que se crea nos montes e nas aldeas onde nada acontece ao azar […] comezo a contar un conto, como me adoitaban contar a min de cativa: ‘Érase unha vez, un xigante que vivía nun lugar lonxano…’ Neste caso, as protagonistas son as meigas, os curandeiros, o mal de ollo e a Santa Compaña, que fan de Galicia unha terra misteriosa e única. A través das miñas fotografías, ficciono a realidade e creo personaxes imaxinarios para comezar a falar de Galicia e da idiosincrasia de nós, os galegos, dende un punto de vista evocador e aberto a múltiples interpretacións. Deste xeito, as imaxes cobran sentido ao sucederse unha detrás doutras e ao coñecer, de antemán, un pouco sobre ese mundo misterioso de trasnos e meigas».

Lorena Varela

Lorena Varela

Lorena Varela realizou os seus estudios de Fotografía e Deseño no Centre de la Imatge i la Tecnologia Multimèdia, en Barcelona. No 2016 foi finalista no visionado de portafolios Descubrimientos, organizado por PHotoEspaña. Nese mesmo ano recibe o premio Contemporarte, convocado pola Universidade de Huelva. Pouco despois, trasládase a Madrid para realizar o Máster en Desenvolvemento de Proxectos na escola Blank Paper. Foi seleccionada para os VII Encontros Novos, organizados pola Cidade da Cultura de Galicia.

O seu traballo ten sido exposto en diferentes cidades, como Londres, Barcelona, Madrid ou Vigo. Ademais, publica recentemente en revistas como Metal Magazine, Vice ou Neo2. Na actualidade traballa e reside entre Galicia e Barcelona, onde combina os seus traballos comerciais de moda coa fotografía de autor.

www.lorenavarela.com