15′
Colectiva
Ruth Montiel Arias
Ánima é un diálogo entre a tradición da matanza do porco e o seu paralelismo coa crenza mitolóxica da “compaña”, un encontro entre a superstición e o costumismo galego para imaxinar unha nova relación entre o folclore e un humanismo non antropocéntrico.
Ánima móvese da noite ao día, do silencio ao berro, do máxico ao real, do invisible ao visible, do ‘executor’ ao ‘executado’. Un camiño en descenso onde a tradición e as crenzas atopan os instintos máis primitivos da condición humana. Do branco e negro á cor, esta viaxe pretende non deixar indiferente a ningún espectador.
Ruth Montiel Arias
Programa 2021