Skip to content
A vida está noutra parte
30 OUT - 29 NOV
Fundación Luis Seoane | Planta baixa

Embalsamados os parques, as flores.

Embalsamadas a noite e os mares.

Embalsamados os rostros, os xestos.

As substancias embalsamadas e os seus efectos.

Embalsamados os corpos e os movementos.

O tempo embalsamado nunha habitación forrada de espellos.

Ti, que atravesas a historia e o meu alento, non haberá xamais autopsia que te dea por morto.

Esta exposición reúne unha selección de fotografías en 35 mm tomadas ao longo de varios anos. A autoría é estritamente colectiva. As fotografías preséntanse sen sinatura individual, por seren o resultado dun proceso compartido no que a cámara forma parte dun espazo de confianza e quen está diante do obxectivo asume un papel activo na súa creación.

Na sala, o arquivo organízase mediante dípticos enfrontados e secuencias lineais que establecen un diálogo entre dous ritmos complementarios.

Por unha banda: a enerxía xuvenil, o desfase, a procura, a experimentación, o ruído, a relación directa co espazo público, o absurdo.

Pola outra: a espera, o esgotamento, o silencio, o espazo baleiro, o non-lugar…

Rescatadas e resignificadas desde a distancia do presente, estas imaxes deixan de ser un rexistro privado para converterse nun documento colectivo sobre a mocidade, a fraxilidade dos vínculos, a pegada do tempo e a permanencia a través da memoria compartida.

A todas as persoas que formaron parte disto. En especial, ao noso amigo Javi.

Programa expositivo

Nacho Alonso na Colección MICA

Nacho Alonso

O que queda de tarde

Sara Montenegro

A vida está noutra parte

Mateo Villalustre e Samuel García

Caixas de resistencia

Iván Nespereira

Hamartia

Rita G. Rivera

Isto é só un (súper) mercado

Rosalía Martínez Souto