Skip to content

A Breach of Margins

David Barreiro

«Interésame o concepto de traballo en relación cos procesos de desenvolvemento social, cultural e psicolóxico. Como en toda actividade institucionalizada, a estructura de reglas que regula o traballo limita o número de posibles relacións entre os suxeitos e os obxectos involucrados. Desde esta perspectiva, a súa función como espazo de xeración de identidades vese dalgunha maneira socavada, a media que os individuos se convirten en vectores dos intereses de axentes socioeconómicos. O espazo de traballo convírtese nun lugar para a experimentación.

Coas miñas imaxes escenifico unha realidade alternativa onde as accións rutinarias e os usos convencionais de obxectos se subverten. Establécese así unha brecha pola que se filtran liñas narrativas que invitan á reflexión sobre aspectos como a performatividade masculina presente nestes espazos, as tensións entre a tecnoloxía e o traballo manual, ou o corpo humano como material nos procesos de producción».

David Barreiro. Outubro de 2019

David Barreiro. Proxección A Breach of Margins. FFoco Festival

David Barreiro

David Barreiro cursou estudos de fotografía documental na escola Efti de Madrid e un Máster en fotografía artística na Royal College of Art de Londres, cidade onde reside na actualidade. O seu traballo céntrase nas diversas relacións que se establecen entre as construccións sociais e as diferentes identidades individuais e colectivas, fluctúando entre a literalidade da fotografía documental e a tensión evocativa e a artificialidade da imaxe escenificada. O uso do medio fotográfico é para el unha ferramenta orientada a introducir ambigüidade e inceridumbre na percepción do cotiá.